frame by frame

Navegación

A portada

Ao iniciar o recurso aparece en pantalla a páxina principal ou portada.

Nela vemos o título do proxecto con letras grandes. Debaixo del apreciamos catro textos interactivos, que nos levarán ás páxinas web da guía didáctica, as instrucións de navegación, os dereitos de autor e os enlaces de interese respectivamente.

Máis abaixo, unha gran imaxe serve de fondo para enmarcar os enlaces das distintas técnicas de animación. Nesta primeira pantalla aparecen as técnicas tradicionais sobre un rectángulo azul.

Na base da portada, sobre unha franxa horizontal de cor celeste, vemos os logos interactivos da licenza Creative Commons, da Xunta de Galicia e o nome dos autores desta licenza por formación. Esta información aparecerá en todas as páxinas web que compoñen este recurso didáctico.

Se achegamos o rato aos botóns rectangulares de cor gris co texto das técnicas en letras maiúsculas, o fondo da nosa web cambiará de cor segundo esteamos no bloque de contidos de técnicas tradicionais (celeste claro), o bloque de software (verde claro) ou o bloque de dispositivos móbiles (amarelo).

Páxina principal