frame by frame

Guía didáctica

Xustificación

"Frame by Frame" está dirixido á materia de Educación Plástica e Visual, curso 1º da ESO.

Para o alumnado este proxecto pode supoñer o achegamento a un novo medio de expresión a través de modernas técnicas, que desenvolverán novas habilidades, e o descubrimento do coñecemento a través da aprendizaxe cooperativa.

Para o profesorado, tanto da área de plástica coma doutras especialidades, pode resultar un práctico primeiro contacto cunha nova serie de recursos didácticos xa que, a través do vídeo e da animación, dotarán aos seus contidos dun alto valor motivante cara aos alumnos e así poder desenvolver mellor o proceso de ensino e aprendizaxe. Así mesmo, o proxecto formúlase capacitar o usuario no uso dun vocabulario e dunha terminoloxía específica do ámbito da materia de estudo en inglés.